QUÉ É O AIRE ACONDICIONADO?
Brevemente explicado o aire acondicionado consiste nun sistema de climatización que nos permite modificar a temperatura dunha vivenda ou local para adaptala ás nosas necesidades de frío ou calor.
COMO FUNCIONA O AIRE ACONDICIONADO?
No proceso interveñen os gases refrixerados que se atopan na instalación, a través do evaporador e do compresor do equipo, o gas cambia de estado gaseoso a líquido constantemente, captando e soltando temperatura do interior da vivenda ao exterior da mesma. Funcionan cunha unidade exterior, fóra da vivenda pois necesitan circulación de aire ao seu ao redor e das unidades interiores.
Ao empregar enerxía eléctrica e non realizar ningunha combustión colaboran na loita co cambio climático non aumentando a emisión de Co2.
Vantaxes do aire acondicionado
- Podemos falar do inmediato que é o proceso cando están ben calculadas as necesidades frigoríficas polo instalador autorizado.
- Non necesitan dun espazo interior para a instalación.
- Ao manter o aire en movemento contribúen á súa renovación e limpeza a través dos filtros.
- A posibilidade de producir calor co mesmo equipo para os meses de inverno.
- Mantendo unha temperatura sobre 22 graos centígrados, apagándoo pola noite ou cando non esteamos, a factura de electricidade non se incrementará, buscando sempre a eficiencia enerxética.
Desvantaxes do aire acondicionado
- Resecan el ambiente afectando a la piel y mucosas.
- Un uso inapropiado aumentará a nosa factura da luz á vez que aumentase o efecto invernadoiro das cidades contribuíndo negativamente ao cambio climático.
TIPOS DE AIRE ACONDICIONADO
Dependendo da unidade interior podemos diferenciar as instalacións de aire acondicionado en distintos TIPOS:
SPLIT
É a máis habitual e barata cando se trata de cubrir non a totalidade das estancias da vivenda e só algunhas delas ( dormitorio, salón…), onde pasamos a maioría do noso tempo ou a temperatura é a máis adversa.
A instalación consiste nunhas liñas frigoríficas desde a unidade exterior a cada unha das unidades interiores que quedan fixadas nos tabiques, é necesario a colocación de desaugadoiros en cada unidade interior para a eliminación dos condensados producidos na climatización.
CASETTE
AIRES ACONDICIONADOS POR CONDUTOS
O equipo de produción é unha bomba de calor que se atopa no exterior da vivenda que alimenta a unidade interior desde a que saen os condutor para climatizar todas as estancias da vivenda ou local comercial.
É a solución máis complexa xa que os condutos deben atravesar polo falso teito para cubrir as necesidades de toda a superficie.
As reixas de impulsión nos tramos de condutos fan unha repartición homoxéneo de aire climatizado, achegan un plus de estética grazas á variedade de modelos existentes e tamén contribúen a unha renovación máis profunda do aire.
Como maior inconveniente atopamos o seu elevado custo de instalación e os gastos asociados que conleva.