Sobre Inca Instaladora
Nosa Traxectoria
A experiencia e o traballo durante máis de 25 anos en máis de 10000 obras e vivendas é o noso mellor aval.
- Desde 2002
- Oficinas centrais e almacén en Ourense
- Obras e proxectos en Península, Baleares e Canarias
A HISTORIA
Os nosos Inicios e Expansión
A nosa empresa foi creada no ano 2002, ciñéndonos nun primeiro momento ao noso ámbito xeográfico de nacemento, Galicia, e realizando as actividades de Calefacción e Fontanería. No ano 2004, e a pesar de atoparnos en pleno auxe do sector da construción na nosa Comunidade, analizando a situación do mercado comprendemos que para a viabilidade futura de “INCA” era necesario apostar pola expansión geográfica do noso alcance e chegar á dispoñibilidade de actuación na práctica totalidade do Estado Español. Este crecemento foi posible grazas ao aumento das nosas actividades con instalacións de Climatización, Enerxías Renovables, Contra Incendios, Gas e Electricidade asociada ás mesmas.
Finalmente acabamos ampliando a nosa carteira de servizos engadindo o ámbito das reformas como consecuencia da vontade de controlar a calidade das execucións ata o final do proceso construtivo.
Inicialmente en proxectos de rehabilitación para venda do inmoble, e a continuación en proxectos de rehabilitación para clientes finais, o que permite aplicar a experiencia de máis de 20 anos ás propiedades dos nosos clientes.
Volver estrear vivenda, actualizando o seu estado con deseños de hoxe en día.
Apostar por unha empresa cuxo obxectivo non é a rendibilidade senón a eficiencia, proba diso son tantos anos no mercado.